A) Obra.
1. Colectores xerais e E.D.A.R. de Meaño. (Sanxenxo, Meaño e Cambados-Pontevedra).
Clave: OH.336.346.
Orzamento: oitocentos millóns duascentas trinta e nove mil sesenta e tres pesetas (800.239.063).
Prazo de execución: 36 meses.
Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e. Grupo K, subgrupo 8, categoría e.
Fianza provisional: non se esixe.
B) Documentos de intesese para os licitadores.
O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de bases, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Organismo Autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.
C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do Art. 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.
As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
D) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.
E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do trixésimo día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
F) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás dez horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do derradeiro día de presentación de proposicións.
G) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 1997.
Emilio García Gallego
Presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia
1984

