Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Monteagudo e Veneira de Roques.
Situación: O Incio e A Pobra de Brollón.
Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 3.368 metros, sobre apoios de formigón. Dous centros de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoios de formigón, tipo intemperie. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/ kV-3x95 Al, para mellora do servicio eléctrico en Monteagudo e Veneira de Roques, concello do Incio e A Pobra de Brollón.
Orzamento: 11.194.691 pesetas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.
Lugo, 3 de febreiro de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
1871

