Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 1997 Páx. 2.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MACEDA

ANUNCIO.

Con data do 3 de maio de 1994, o Pleno da Corporación acordou aproba-las normas subsidiarias do Concello de Maceda, e somete-lo expediente a información pública polo prazo de tres meses.

Como resultado do trámite de información pública e das reclamacións presentadas durante esta, procedeuse á modificación do documento inicialmente aprobado, documento que foi aprobado polo Pleno con data do 11 de marzo de 1997.

Tendo en conta o alcance e a magnitude das reformas introducidas no documento inicial, sométese de novo o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte día o da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

Conforme o establecido no artigo 114 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, durante o citado prazo poderán ser examinadas no concello e formula-las suxestións e alternativas que se consideren pertinentes.

Maceda, 17 de marzo de 1997.

Julio Aldemira Gómez

Alcalde

1908