Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 31 de marzo de 1997 Páx. 2.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 3 de marzo de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Sendón nº 2, a favor de Manuela Sande Lado e Juan José Formoso Moledo.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando

a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Sendón nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros A, cuadrícula 18.

Data da concesión: 9-3-1981.

Data de finalización da última prórroga: 25-4-2001

Anterior concesionario: Virginia, Joaquín Manuel, Mª del Carmen, Mª del Pilar, Mónica e Juan Carlos Sendón Rama.

Novo titular da concesión e batea: Manuela Sande Lado e Juan José Formoso Moledo.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 3 de marzo de 1997.

P.D. (Orde 27-61990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

2315