Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 17 de abril de 1997 Páx. 3.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 2 de abril de 1997 polo que se lle comunica inicio de expediente de incumprimento á empresa Pescados Carmina, S.L., expediente 3/94.2046.0559.N.4012 de subvención ó tipo de xuro de operacións de préstamo/crédito.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento da empresa Pescados Carmina, S.L. titular do expediente 3/94.2046.0559.N.4012 relativo á subvención do

tipo de xuro dun préstamo concedido por entidade financeira prestamista, que con data 27 de setembro de 1996 a Dirección Xeral do Igape acordou iniciar expediente de incumprimento, ó estimar que a entidade no acreditou o cumprimento de compromisos adquiridos ó acepta-la resolución de concesión de data 4 de outubro de 1994; concretamente o incumprimento baséase en que non se acredita que a totalidade do préstamo subsidiado fose destinado á cancelación dos pasivos aprobados polo Igape, sendo a parte adecuadamente xustificada de 19.685.000 ptas.

O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, r/Frei Rosendo Salvado, nº 16, baixo, logo de petición de hora, ó teléfono (981) 54 11 55 de luns a venres, de 8.30 a 14 horas, e concédeselle un prazo de quince días para que alegue e presente os documentos e xustificantes que estime pertinentes ó seu dereito.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

2671