Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 09 de maio de 1997 Páx. 4.391

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 107/1997, do 24 de abril, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dun terreo de 15.797 metros cadrados sito no lugar das Ferreiras (Silleda) feita a favor da Comunidade Autónoma de Galicia para a construcción dun centro público de educación secundaria.

O Pleno da Corporación municipal de Silleda, reunido en sesión ordinaria o día 31 de xaneiro de 1997 acordou a cesión á Comunidade Autónoma de Galicia dun terreo de 15.797 m situado no lugar das Ferreiras para a construcción dun centro público de educación secundaria.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles supere o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos

nos que o Concello de Silleda acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de abril de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta do terreo de 15.797 m situado no lugar das Ferreiras, pertencente ó concello de Silleda que linda: norte, ribazo que separa de Julio Carballo Mallo; sur, camiño e en parte valado que separa dos predios de María Sira Fontao, herdeiros de Constantino Iglesias, herdeiros de Filomena González e Celestino Ares; leste, ribazo que separa dos prados de Purificación Rodríguez, José Rozados, Dolores Segade e herdeiros de Manuel García, que están en plano inferior, e oeste, valado que separa da de José Cela e prado de José Balo Otero.

O inmoble descrito atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Lalín, no tomo 725, folio 62 do libro 207 de Silleda, predio número 35.910, inscrición 1ª.

Artigo 2º

O inmoble cedido destinarase á construcción dun centro público de educación secundaria.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, vintecatro de abril de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

3479