Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 1997 Páx. 4.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/447-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Eléctrica Cuntiense, S.L.

Enderezo social: Calvo Sotelo, 3, 36670 Cuntis.

Denominación: L.M.T., 2 CC.TT. e R.B.T. en Espadenal-Cuntis IV.

Situación: concello de Cuntis.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15/20 kV, de 480 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V, desde la L.M.T. Calvos-Campo rematando no C.T. que se proxecta en Espadenal-Cuntis IV, concello de Cuntis. C.T. con dous transformadores de 160 kVA e 100 kVA, relación de transformación 15/20 kV-380/220 V. R.B.T. de 957 m de lonxitude, con conductor tipo Al 2x150.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no memo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 21 de marzo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3351