Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 1997 Páx. 4.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre a información pública para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e outorgamento da condición de instalación de producción acollida ó réxime especial da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 6/1996).

Para os efectos previstos nos decretos 2617/1968, 2619/1966, 2366/1994 E 205/1995, polos que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude da empresa Robustiano Bermúdez Méndez, con enderezo na rúa Cotro, 36, Camariñas (A Coruña), para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e outorgamento de instalación eléctrica acollida ó réxime especial, as instalación que se van implantar no denominado parque eólico Petón do Castelo, no municipio de Camariñas e dentro da poligonal cerrada de vértices:

V(9º 11' 0'' W, 43º 09' 15'' N)

V(9º 11' 5.5'' W, 43º 09' 18.6'' N,),

V(9º 11' 9.7'' W, 43º 09' 09.7'' N,),

V(9º 11' 10.1'' W, 43º 09' 15'' N,)

Potencia que se vai instalar: 2,4 MW.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición no prazo de 30 días nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 14 de abril de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3444