Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 1997 Páx. 4.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 29 de abril de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselles ás empresas relacionadas no

anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia laboral e de seguridade e hixiene no traballo.

Faise saber que as ditas resolucións poñen fin á vía administrativa e os interesados poden formular contra ela recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a súa publicación perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na Lei do 27 de decembro de 1956, modificada pola do 17 de marzo de 1973, 30 de abril de 1992, e a do 26 de novembro de 1992.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

-Empresa: Ángel Nores González.

Domicilio, localidade: Marín, Pontevedra.

Número expediente: 5/92 (RO), 614/90 (PO), 2501/90 (AI).

Data resolución, dirección xeral ou consellería: 18 de decembro de 1996.

Precepto infrinxido: artigo 7, 20.3.4, 151 da Ordenanza Xeral de Seguridade e Hixiene no Traballo, artigo 170 da Ordenanza para a Pesca.

Precepto sancionador: artigo 10.9º da Lei 8/1988, do 7 de abril.

Sanción imposta: 75.000 ptas.

-Empresa: Modesto Suárez Sobrado.

Domicilio, localidade: A Coruña.

Número expediente: 246/96 (RO), 155/96 (CO), 2054/95 (AI).

Data resolución, dirección xeral ou consellería: 9 de outubro de 1996.

Precepto infrinxido: artigo 149, en relación co artigo 141 da Ordenanza Xeral de Seguridade e Hixiene no Traballo.

Precepto sancionador: artigo 10.9º da Lei 8/1988, do 7 de abril.

Sanción imposta: 100.000 ptas.

-Empresa: EPAAT, S.L.

Domicilio, localidade: Oleiros, A Coruña.

Número expediente: 326/96 (RO), 192/96 (CO), 654/96 (AI).

Data resolución, dirección xeral ou consellería: 28 de febreiro de 1997.

Precepto infrinxido: artigo 4 do R.D. 555/1986, do 21 de febreiro.

Precepto sancionador: artigo 47.6º da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Sanción imposta: 500.000 ptas.

3768