Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 1997 Páx. 4.733

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 15 de maio de 1997, dos tribunais números 1 e 2 designados para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A) convocado por Orde do 26 de decembro de 1995 (DOG número 8, do 11 de xaneiro de 1996), polo que se fan públicas as puntuacións definitivas obtidas na fase de concurso.

En sesión conxunta celebrada o día 23 de setembro de 1996 polos tribunais números 1 e 2 designados para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A) convocado por Orde do 26 de decembro de 1995 (DOG número 8, do 11 de xaneiro de 1996), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, acordouse:

1º. Elevar a definitivas as puntuacións obtidas na fase de concurso, unha vez resoltas as reclamacións presentadas polos interesados.

2º. Publica-las ditas puntuacións que se atopan expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Contra este acordo os interesados poderán interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes

a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1997.

Joaquín López Rúa SolerJavier Suárez García

Presidente do Tribunal nº 1Presidente do Tribunal nº 2

3949