Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 1997 Páx. 4.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se abre información pública sobre modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada de Vigo a Ourense e San Paio por Celanova e de Pontevedra a Doade polo Carbaliño, con anexos V-7028; XG-402.

Ó abeiro do establecido nos artigos 78, 79 e 80 do Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, a empresa Auto Industrial, S.A., titular da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada de Vigo a Ourense e San Paio por Celanova e de Pontevedra a Doade polo Carbaliño, anexos V-7028; XG-402, solicita ampliación de tráficos na citada concesión mediante a incorporación dunha prolongación entre Monforte de Lemos e O Barco de Valdeorras por Quiroga, A Rúa e Vilamartín de Valdeorras.

Este expediente de modificación concesional deberá incorporarse ó expediente de substitución da devandita concesión, que se encontra en trámite na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente nos Servicios Provinciais de Transportes de Lugo (estación de autobuses), Ourense (r/ Curros Enríquez, 1, Entlo.) e Pontevedra (estación de autobuses), efectua-las alegacións que consideren oportunas no prazo dun mes contado a partir do día da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 1997.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

3566