Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 1997 Páx. 4.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1997 pola que se anuncia contratación por concurso público, sistema aberto, da asistencia técnica en materia de telecomunicacións para a realización de informes técnicos e direccións facultativas referentes á Rede Oficial de Comunicacións da Xunta de Galicia.

Orzamento da asistencia técnica: 6.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 1997.

Fianza provisional: 120.000 ptas.

Forma de tramitación: urxente.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación persoal, a establecida na cláusula 7.1.1 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica, a establecida na cláusula 7.1.2 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias técnicas, a establecida na cláusula 7.1.3 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social a partir das 12 horas do quinto día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual, sita no edificio administrativo nº 5 de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 54 45 28.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 1997.

P.D. (Orde 24-6-1996)

José María Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

3887