Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 1997 Páx. 4.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación dunha subministración de material de informática (C.P. 45/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: contratación dunha subministración de material de informática.

Orzamento: 10.539.750 ptas.

Garantía provisional: 210.795 ptas.

-Lote 1: caixa etiquetas 82x36-2 (caixa: 8.000); caixa etiquetas láser 70x37,1 (250 follas); etiquetas 114x76 (corte de 4).

Orzamento: 2.393.500 ptas.

Garantía provisional: 47.870 ptas.

-Lote 2: papel branco 240x12 (caixa 2.500) e 240x11 (caixa 2.500); papel citacións C. externas (C/4.000 Uds.); recibo nóminas (en caixas de 2.000 Uds.).

Orzamento: 1.323.750 ptas.

Garantía provisional: 26.475 ptas.

-Lote 3: transparencias P/fotocopias e P/inxet color (C/50 U.); cartucho tinta HP 51626-A; HP 51625-A e HP 51604-A; cinta térmica P/Ribbon Tec-472; discos 3,5 HD formateados; cartucho tinta HP 51633-A e Olivetti JP 250 (83341); tonner láser HP III-SI, IBM 4047, Xerox 4512; Xerox 4505, HP III P, HP 4 P, HP Jet 4; tonner Epson 5200; tonner láser HP 4 V.

Orzamento: 6.822.500 ptas.

Garantía provisional: 136.450 ptas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de entrega: a primeira entrega ós 15 días (máximo) da adxudicación, o resto segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación:

1. Oferta económica: 60%.

2. Calidade dos materiais: 20%.

3. Servicio técnico da subministración: 20%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 30 de abril de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

3803