Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 1997 Páx. 4.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia o concurso público para a adquisición de material unidade da dor.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería

de Sanidade e Servicios Sociais, do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público para a adquisición de material para recollida de mostras.

1. Entidade adxudicadora.

Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións, Unidade de Contratación.

b) Número de expediente: C.P. 14/97.

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto: material unidade da dor.

b) División en lotes: as empresas licitantes poderán presentar oferta á totalidade da subministración ou a un ou máis lotes por separado.

c) Lugar de entrega: ve-lo punto 1, dependencias do almacén xeral, sito no edificio anexo de Administración, estrada San Pedro de Leixa, s/n, en Ferrol.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

11.489.875 pesetas.

5. Garantías.

Provisional, do 2% do orzamento de licitación ou de cada lote (segundo anexo I).

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario A. Marcide-P. Novoa Santos, estrada de San Pedro de Leixa, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña), tódolos días, agás os sábados, das 9 ás 15 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

A solvencia económica e financeira acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e no prego de cláusulas administrativas particulares.

A solvencia técnica deberase xustificar de acordo co establecido no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do vixé

simo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no apartado 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: ve-lo punto 1, rexistro xeral.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións.

Será realizada en acto público pola mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

10. Outras informacións.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de remate do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes ó da indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.

Ferrol, 2 de maio de 1997.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol

3805