Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 1997 Páx. 4.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/46-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: desvío L.M.T. Coruxo-Fragoselo en camiño Cotarelo.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea a 20/15 kV, de 250 m de lonxitude con conductor de Al tipo R.H.V., desde el apoio número 1 que se vai suprimir da L.M.T. Coruxo-Fragoselo ata o apoio que se vai colocar onde enlaza coas liñas de M.T. ós CC.TT. Fragoselo, Coruxo, estrada e Fegosán, concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 10 de abril de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3550