Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 30 de maio de 1997 Páx. 5.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 1997 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de concurso aberto, da obra de reparación do edificio de oito vivendas na rúa Concepción Arenal en Lugo. (Expediente LU-96/REP03).

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do IGVS de 6 de maio de 1997, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, foille adxudicado o contrato á empresa Construcciones Cardeñoso, S.L., por un importe de cinco millóns trescentas dúas mil sesenta e cinco (5.302.065) pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 1997.

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

4117