Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 03 de xuño de 1997 Páx. 5.257

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ORDE do 14 de maio de 1997 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

A lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2. Estos prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1997.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

ANEXO

Teatro, música e danza de Galicia 1997: 750 ptas.

As cores do vento: 800 ptas.

Actas de las Juntas del Reino de Galicia: Volumen lll: 4.000 ptas.

A estética do nihilismo: 1.750 ptas.

Antón Lamazares: 2.500 ptas.

Corpos a motor: 1.750 ptas.

Antón Patiño: 2.500 ptas.

Familias, amigos, estranxeiros: 4.600 ptas.

3388