Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 04 de xuño de 1997 Páx. 5.344

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de maio de 1997, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se resolve o concurso público convocado na Orde do 2 de xaneiro de 1997, pola que se regula a concesión de subvencións a xornais e revistas para a edición de suplementos didácticos.

Visto o informe-proposta realizado pola comisión reunida de acordo co artigo 9 da Orde do 2 de xaneiro de 1997, pola que se regula a concesión de subvencións a xornais e revistas para a edición de suplementos didácticos, e atendendo ó disposto no mesmo artigo, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º

A concesión de axudas na contía que se indica ós proxectos relacionados no anexo I desta orde.

Artigo 2º

Excluí-los proxectos relacionados no anexo II desta orde, por seren presentados fóra de prazo, seren presentados por entidades non previstas no artigo 1 da orde de convocatoria ou por non teren procedido á emenda dos requerimentos.

Artigo 3º

As empresas ás que lles sexan subvencionados proxectos deberán presentar perante a Dirección Xeral de Política Lingüística a aceptación da sub

vención concedida, no prazo máximo de dez días, contados a partir da publicación desta disposición no DOG, segundo o establecido no artigo 11 da Orde do 2 de xaneiro de 1997.

Artigo 4º

A presente disposición poralle fin á vía administrativa, segundo o disposto no artigo 109 e) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

1. Siena, S.A.

Magisterio español en Galicia4.000.000

2. Evelia I. Carballo Fernández

Guía verde (Natureza galega)1.368.000

3. Filmagal, S.L.

O Salnés200.000

4. Filmagal, S.L.

A comarca do Barbanza200.000

5. Filmagal S.L.

Prensa de mercado (trocovenda)200.000

6. Filmagal S.L.

O Tambre200.000

7. Filmagal, S.L.

A comarca do Morrazo200.000

8. Trámite Deportivo S.L.

Deporte galego1.277.000

9. La Voz de Galicia, S.A.

Curso de perfeccionamento de galego4.000.000

10. Galiagro, S.L.

O galego nos concellos512.000

11. Galiagro, S.L.

Suplemento educativo o galego960.000

12. Connor Compostela, S.L.

Zona industrial993.600

13. Jorge Sobrino Morán

Suplemento A Modiño532.000

14. Servicios agrarios e contables

Escola de labregos439.200

15. El Progreso de Lugo S.L.

Suplemento Escola4.000.000

17. Editorial Compostela, S.A.

Suplemento Revista das letras4.000.000

18. Editorial Compostela, S.A.

Suplemento O Correo na Escola4.000.000

19. Editorial Compostela, S.A.

Suplemento Lecer4.000.000

21. Ricardo Dacobo Suárez

Suplemento A Canteira420.000

22. Promocións culturais galegas

Suplemento Guieiro1.034.280

23. Promocións culturais galegas

Caderno As Novas Cidades100.000

24. Promocións culturais galegas

Caderno Reportaxe do 2000100.000

25. Promocións culturais galegas

Caderno O Noso Mar100.000

26. Promocións culturais galegas

Caderno Vinte anos despois. 1977-1997100.000

27. Promocións culturais galegas

Suplemento Antón e Ramón Vilar Ponte147.300

28. Tercer Tiempo, S.L.

Suplemento Deporte na escola420.000

29. Tercer Tiempo S.L.

Suplemento Fútbol de terceira420.000

31. Campus Magazine, S.L.

Revista Catro Gatos180.000

32. Unipro Editorial, S.L.

Libro Plan xeral contabilidade (I e II)226.650

34. G.C. Galicia en el mundo

Suplemento A lingua galega no mundo125.000

35. G.C. Galicia en el mundo

Suplemento O galego nos centros e Ins.125.000

36. G.C. Galicia en el mundo

Suplemento A terceira idade Manten.125.000

37. G.C. Galicia en el mundo

Suplemento As segundas xeracións125.000

ANEXO II

20. Ricardo Dacobo Suárez

Xornal Azul e Branco.

30. Tercer Tiempo, S.L.

Terceiro tempo.

33. Egasur, S.L.

Suplemento A peneira na escola.

38. Círculo mercantil e industrial de Neda

Xornal.

39. Asociación deportiva buserana

Emisora de radio.

40. Centro cultural Alexandre Bóveda

Actividades culturais varias.

41. Asociación VCD de Lavadores

Actividades varias.

42. Asociación estudiantes campus de Ourense

Actividades varias.

43. Asociación unidade parapléxicos da Coruña

Boletín da asociación.

4178