Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 04 de xuño de 1997 Páx. 5.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/70-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T., San Xiao.

Situación: Betanzos.

Características técnicas: liña eléctrica aero subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm A, de 280 m con orixe na liña Cruz Verde. Celestino Nogueira (expediente en tramitación) e final no apoio nº 1 da liña que alimenta o C.T. San Xiao, sobre apoios metálicos e de formigón, en conductor LA-56 de 369 m. Centro de transformación aéreo, de 100 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV en San Xiao. Betanzos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de maio de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4076