Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 04 de xuño de 1997 Páx. 5.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución formuladas pola instructora nos expedientes sancionadores de protección de animais 003PR/1996 e 008PR/1996.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las propostas de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción á Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (DOG nº 75 do 22 de abril), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples -Monelos- A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias para a resolución do procedemento, conforme o previsto no artigo 24.2 da mesma lei.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples -Monelos- A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade san

cionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 13 de maio de 1997.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Expediente: 003PR/96.

Denunciado: Lago Rodríguez, José M.

DNI: 52.490.678.

Último enderezo coñecido: Seixas, nº 6, 15350 Cerdido (A Coruña).

Feito denunciado: posuír 4 cans en estado de abandono e malas condicións hixiénico-sanitarias e sen facilitarlles alimentación adecuada ás súas necesidades.

Tipificación da infracción protección de animais domésticos e salvaxes en catividade: 20.D e 20.F e 21.C. Grao: grave.

Sanción proposta: 50.0001.

Expediente: 008PR/96.

Denunciado: Martínez Fernández, José M.

Último enderezo coñecido: Granja Renacer, 15588 Sedes-Narón (A Coruña).

Feito denunciado: maltrato de animais que lles cause dor ou lesións.

Tipificación da infracción protección de animais domésticos e salvaxes en catividade: 21.1.a). Grao: grave.

Sanción proposta: 50.001.

4115