Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 04 de xuño de 1997 Páx. 5.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

ANUNCIO de adxudicación da subministración da impresión editorial de 2.000 exemplares do libro Portos de Galicia polo procedemento de concurso público aberto e trámite de urxencia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Ente Público Portos de Galicia, praza de Europa, nº 5-A, 6º B, edificio Área Central, Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicios Centrais do Ente Público Portos de Galicia.

c) Número de expediente: SC-SUB 02/97.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración da impresión editorial de 2.000 exemplares do libro Portos de Galicia.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 70, do 14 de abril de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe total: 4.700.000 ptas.

5. Adxudicación.

a) Data: 20 de maio de 1997.

b) Adxudicatario: ACK-Comunicación.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 4.095.000 ptas.

6. En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Galicia, no prazo de dous mese contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente de Portos de Galicia

3924