Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 04 de xuño de 1997 Páx. 5.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle rúa Placer número 27 (expediente 3711/411).

O Consello da Xerencia de Urbanismo deste concello, en sesión do día 3 de xaneiro de 1997, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle na rúa Placer, número 27, presentado por Alberto González Sáez e conforme a documentación elaborada polos arquitectos Pereiro e Ramilo, visado polo COAG o 14 de outubro de 1996, sometelo ó trámite de información pública polo prazo de quince días, mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, un xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro da

Casa do Concello, con notificación persoal ós propietarios e demais interesados directamente afectados.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da xerencia municipal de urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

Vigo, 15 de maio de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

3936