Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 05 de xuño de 1997 Páx. 5.381

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 22 de maio de 1997 pola que se clasifican postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Por acordo do Pleno do Concello de Carballo de data 5 de maio de 1997, aprobouse a modificación do seu cadro de persoal no sentido de crear un posto de colaboración denominado viceinterventor, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, ó amparo do establecido no artigo 2.g) do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

Por isto, de conformidade co establecido no artigo 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e nos artigos 2 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13.2.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería,

DISPÓN:

Clasifica-lo posto de colaboración de viceinterventor do Concello de Carballo, reservado a fun

cionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional conforme a seguir se especifica:

Denominación: viceinterventor.

Clase: segunda.

Subescala: intervención-tesoureiría.

Categoría: entrada.

Contra esta orde, que é definitiva en vía administrativa poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto no artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956, logo de comunicalo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

97-4242