Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 05 de xuño de 1997 Páx. 5.384

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000826/1997, interposto por Jesús Novas Fernández.

O 15 de maio de 1997, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia polo que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0000826/1997, interposto por Jesús Novas Fernández, contra acordo do director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 7-4-1997, sobre denegación de indemnización de gastos de viaxe e mantemento por asistencia a curso de especialización en educación física.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencio

so-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1997.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

97-4251