Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 06 de xuño de 1997 Páx. 5.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 22 de maio de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica o acordo da resolución do contrato de obra de clave: RC-AC-93.02 na estrada LC-153, ramal da N-VI A Irixoa, p.k. 29,444/33,545.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos na resolución do acordo do contrato de obra de clave: RC-AC-93.2 na estrada LC-153, ramal da N-VI a Irixoa, p.k. 29,444/33,545 adxudicada á empresa Construcciones y Obras, Garea, S.L. que na súa parte dispositiva di:

Acordo a resolución do contrato de obra de clave: RC-AC-93.2, por incumprimentos dos prazos por causa imputable ó contratista, con incautación da fianza e sen que proceda indemnización ningunha por danos e prexuízos causados á Administración.

Así mesmo, e como consecuencia do acordado, deberán practicarse as medicións e toma de datos necesarias para a liquidación do contrato no prazo de 15 días desde a notificación do presente acordo.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, significándolle que debe comunicarlle previamente a esta consellería a dita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o vintedous de maio de mil novecentos noventa e sete.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

4336