O artigo 15.2º da Lei 14/1989, do 11 de outubro, de bibliotecas (DOG do 24-10-89) considera a importancia e necesidade da formación permanente do persoal bibliotecario en exercicio a través da rea
lización de cursos e seminarios que lle permitan actualiza-las técnicas de traballo e poñerse ó día naqueloutras que, aplicadas ás bibliotecas, poidan ofrecer un mellor servicio á comunidade á que serven. Por iso,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Convócanse cursos de formación de biblioteconomía e animación á lectura para profesionais de bibliotecas, ensinantes e animadores socioculturais que traballen en bibliotecas públicas ou escolares. O custo destes cursos farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 10.02.353D.640.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997.
Artigo 2º
No anexo I desta orde enuméranse os cursos convocados, con especificación de nivel, duración, lugar e data de celebración, número de prazas, temario e persoas ás que van dirixidos.
Artigo 3º
3.1. Poderán optar a estes cursos os bibliotecarios, ensinantes e animadores socioculturais que traballen en bibliotecas públicas ou escolares en calquera categoría profesional.
3.2. Non se poderán solicitar cursos de igual denominación e nivel xa realizados en anos anteriores.
3.3. Non poderán solicitar cursos aquelas persoas que anteriormente fosen seleccionados para participar nalgún curso e non asistisen sen xustificalo por escrito á Consellería de Cultura e Comunicación Social.
Artigo 4º
As persoas que desexen realizar algún dos cursos convocados presentarán unha solicitude por cada un deles segundo modelo do anexo II desta orde nun prazo de quince días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social, nos rexistros das súas delegacións provinciais ou segundo establece o artigo 38.4º da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Na solicitude farase consta-lo curso que se solicita e a orde de preferencia dos cursos solicitados.
Documentación:
-Solicitude (anexo II).
-Fotocopia do documento nacional de identidade.
-Certificación do director do centro de traballo, ou da entidade da que dependa a biblioteca, de que o interesado desenvolve traballos directamente relacionados cos contidos do curso e que conta con permiso para asistir a el (un certificado por curso facendo consta-lo nome do curso solicitado).
-No caso de solicitar cursos de perfeccionamento é imprescindible ter realizados os cursos de inicia
ción convocados pola Consellería de Cultura e Comunicación Social directamente relacionados con aqueles e xuntarán copia dos certificados correspondentes.
Artigo 5º
Recibidas as solicitudes de asistencia a cursos e maila súa documentación, estas serán avaliadas polos servicios competentes da Dirección Xeral de Promoción Cultural e o director xeral de Promoción Cultural elevará proposta ó conselleiro de Cultura e Comunicación Social, quen resolverá.
Artigo 6º
A selección dos asistentes ós cursos farase por rigorosa orde de entrada de solicitudes entre todos aqueles que cumpran as condicións esixidas para cada curso. Os colexios, bibliotecas e centros onde se realicen os cursos disporán de dúas prazas para persoal do seus servicios bibliotecarios.
Artigo 7º
A inasistencia a un curso sen causa xustificada será motivo de exclusión de novos cursos durante os tres próximos anos. A falta xustificada a máis dun 10% das horas totais do curso levará consigo a non obtención do certificado de asistencia.
Artigo 8º
Os asistentes ós cursos recibirán á súa finalización un certificado de asistencia con especificación de horas impartidas. Naqueles cursos nos que se realice a valoración dos coñecementos adquiridos o certificado será de asistencia e aproveitamento.
Artigo 9º
A Consellería de Cultura e Comunicación Social poderá encarga-la realización técnica destes cursos a profesionais especialistas nas materias que vaian impartirse, ou a asociacións profesionais, sendo en calquera caso competencia da consellería a aprobación do profesorado proposto.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director xeral de Promoción Cultural para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.
Segunda.-Esta orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1997.
Jesús Pérez Varela
Conselleiro de Cultura e Comunicación Social
ANEXO I
CURSOS
-Introducción ás bibliotecas públicas.
Duración: 20 horas.
Lugar: Ourense e Pontevedra.
Datas: outubro, 6,7, 8, e 9 en Ourense; 21, 22, 23 e 24 en Pontevedra.
Horario: sesións de mañá e tarde.
Destinatarios: terán prioridade os bibliotecarios municipais, en especial os encargados de bibliotecas de recente creación e os encargados de bibliotecas de asociacións culturais e os bibliotecarios en paro.
Número de prazas: 25 (a metade das prazas reservarase para persoas con titulación en biblioteconomía que se atopen en paro).
Temario: introducción á xestión dunha biblioteca. Papel que xogan as bibliotecas públicas na nosa sociedade.
-Animación á lectura (perfeccionamento).
Duración: 45 horas.
Lugar: Lugo e Ourense.
Data: setembro, outubro, (sábados), novembro (día 8).
Horario: sesións de mañá e tarde.
Destinatarios: terán prioridade os bibliotecarios municipais, animadores socioculturais que traballan en concellos ou centros educativos e profesores non universitarios que fixeran o curso de iniciación.
Número de prazas: 35.
Temario: coñecemento dos obxectivos, metodoloxía e pedagoxía da educación lectora.
-Catalogación, clasificación e encabezamento de materias.
Duración: 40 horas.
Lugar: Pontevedra.
Data: 30 de xuño, 1, 2, 3, 4, 7, 8, 9 e 10 de xullo.
Horario: sesións de mañá e tarde.
Destinatarios: terán prioridade os bibliotecarios municipais, en especial os encargado de bibliotecas de recente creación e bibliotecarios en paro.
Número de prazas: 25 (a metade das prazas reservarase para persoas con titulación en biblioteconomía que se atopen en paro).
Temario: introducción, catalogación de monografías, clasificación, encabezamentos de materias, tratamento bibliográfico de publicacións periódicas e materiais especiais.
-A atención ó público nas bibliotecas e outros centros de información.
Duración: 15 horas.
Lugar: Lugo e Vigo.
Datas: setembro, 3, 4, e 5 en Lugo; 10, 11 e 12 en Vigo.
Horario: de mañá e tarde.
Destinatarios: encargado de bibliotecas públicas municipais ou de servicios de información, preferentemente.
Número de prazas: 25.
Temario: introducción e obxectivos. O usuario nas bibliotecas. O persoal dos centros. A atención ó usuario. Márketing e administración.
-Formación, desenvolvemento e mantemento das coleccións.
Duración: 20 horas.
Lugar: A Coruña.
Data: 17, 18 e 19 xullo.
Horario: de mañá e tarde.
Destinatarios: terán preferencia as persoas que traballen en bibliotecas públicas municipais e do Estado.
Número de prazas: 25.
Temario: a selección dos documentos. A adquisición. O expurgo. A avaliación das adquisicións. O programa Conspectus.
-Internet para bibliotecarios (iniciación).
Duración: 20 horas.
Lugar: Santiago de Compostela.
Data: 22-26 de setembro.
Horario: sesións de tarde.
Destinatarios: preferentemente titulados superiores e medios con responsabilidade na dirección o no servicio de información de centros bibliotecarios, que conten con sistema informático.
Número de prazas: 20.
Temario: a rede Internet aspectos básicos. Funcións básicas da Internet. Os servicios avanzados de Internet. Prácticas de acceso ós recursos segundo o tipo de bibliotecas e usuarios.
-Internet para bibliotecarios (perfeccionamento).
Duración: 20 horas.
Lugar: Santiago de Compostela.
Data: 29 de setembro ó 3 de outubro.
Horario: de tarde.
Destinatarios: preferentemente titulados superiores e medios con responsabilidade na dirección o no servicio de información de centros bibliotecarios, que conten con sistema informático.
Número de prazas: 20.
Temario: a rede Internet aspectos básicos. Funcións básicas da Internet. Os servicios avanzados da Internet. Prácticas de acceso ós recursos segundo o tipo de bibliotecas e usuarios.
-A edición electrónica.
Duración: 10 horas.
Lugar: Santiago de Compostela.
Data: 19 e 20 de setembro.
Horario: sesións de mañá e tarde.
Destinatarios: terán preferencias as persoas a traballar en bibliotecas públicas municipais e do Estado.
Número de prazas: 25.
Temario: Descrición e forma de acceso ós novos medios. Libros interactivos multimedia. A edición óptica. Libros nas redes de telecomunicación. Repercusión no lector, no docente e no bibliotecario.
-Bibliotecas infantís.
Duración: 20 horas.
Lugar: A Coruña.
Data: 4, 5, e 6 de setembro.
Horario: sesións de mañá e tarde.
Número de prazas: 30.
Destinatarios: persoas que traballen en bibliotecas públicas con sección infantil.
Temario: organización das bibliotecas infantís. Criterios de selección e experiencias de animación á lectura.
-Dixitalización de materiais bibliográficos.
Duración: 15 horas.
Lugar: Santiago de Compostela.
Data: 27, 28 e 29 de outubro.
Horario: sesións de mañá e tarde.
Destinatarios: preferentemente titulados superiores e medios con responsabilidade na dirección ou no servicio de información de centros bibliotecarios e centros de documentación, que conten con sistema informático.
Número de prazas: 25.
Temario: introducción. Dixitalización e presentación. Normativa. Proxectos de dixitalización nacionais.
-Formato Ibermarc V: monografías, autoridades e fondos.
Duración: 15 horas.
Lugar: Santiago de Compostela.
Data: 1, 2, e 3 de outubro.
Horario: sesións de mañá e tarde.
Destinatarios: terán preferencia as persoas que traballen en bibliotecas públicas municipais e do Estado.
Número de prazas: 30.
Temario: introducción ó formato Ibermarc. Estructura do Formato Ibermarc. Aplicación do formato Ibermarc de monografías (prácticas).
-Formato Ibermarc V: materiais especiais.
Duración: 15 horas.
Lugar: Santiago de Compostela.
Data: 6, 7 e 8 de outubro.
Horario: sesións de mañá e tarde.
Destinatarios: terán preferencia as persoas que traballen en bibliotecas públicas municipais e do Estado.
Número de prazas: 30.
Temario: introducción ó formato Ibermarc. Estructura do formato Ibermarc. Aplicación do formato Ibermarc de materiais especiais (prácticas).
4401

