1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.
A) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
B) Centro directivo: Delegación Provincial de Pontevedra.
2. Obxecto do contrato.
2.1. a) Descrición do obxecto: vestiarios e sala de usos múltiples no IB Ramón Cabanillas de Cambados (Pontevedra).
b) Prazo de execución: sete meses.
c) Orzamento da obra: 24.995.016 ptas. IVE incluído, dividido en dúas anualidades:
-1997: 12.497.508 ptas.
-1998: 12-497.508 ptas.
d) Fianza provisional: 499.900 ptas., correspondente ó 2% do orzamento autorizado.
e) Clasificación esixida: grupo C, subgrupos 1 ó 9, categoría C.
2.2. a) Descrición do obxecto: amaño do salón de actos e construcción aulas no IFP nº 6 Meixoeiro (Vigo).
b) Prazo de execución: sete meses.
c) Orzamento da obra: 19.705.377 ptas., IVE incluído, dividido en dúas anualidades.
-1997: 9.852.738 ptas.
-1998: 9.852.739 ptas.
d) Fianza provisional: 394.108 ptas., correspondente ó 2% do orzamento autorizado.
2.3. a) Descrición do obxecto: cambio de cuberta e revestido de fachada no IPFP Torrecedeira (Vigo).
b) Prazo de execución: sete meses.
c) Orzamento da obra: 24.657.017 ptas., IVE incluído, dividido en dúas anualidades:
-1997: 12.328.508 ptas.
-1998: 12.328.509 ptas.
d) Fianza provisional: 493.140 ptas., correspondente ó 2% do orzamento autorizado.
e) Clasificación esixida: grupo C, subgrupos 1 ó 9, categoría C.
2.4. a) Descrición do obxecto: reparación de cuberta e reparacións varias no pavillón deportivo do IESP Manuel Antonio (Vigo).
b) Prazo de execución: sete meses.
c) Orzamento da obra: 20.961.549 ptas., IVE incluído, dividido en dúas anualidades:
-1997: 10.480.774 ptas.
-1998: 10.480.775 ptas.
d) Fianza provisional: 419.231 ptas., correspondente ó 2% do orzamento autorizado.
e) Clasificación esixida: grupo C, subgrupos 1 ó 9, categoría C.
Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, antes das 14 horas do décimo terceiro día hábil a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación xeral A, a establecida na cláusula 3.2.4.1. do prego de cláusulas administrativas.
No sobre da documentación económica C, a establecida na cláusula 3.2.4.3. do prego de cláusulas administrativas.
No sobre da documentación de referencias técnicas B, a establecida na cláusula 3.2.4.2. do prego de cláusulas administrativas.
Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.
NO caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Contratación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria, sito na Avda. Montero Ríos, s/n, Pontevedra, teléfono 80 59 06.
Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Pontevedra, 5 de xuño de 1997.
P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)
José Antonio Fraga Boullosa
Delegado provincial de Pontevedra
4277

