Obxecto: a provisión do cargo de xuíz de paz deste concello.
Presentación de solicitudes: no rexistro xeral do concello ou nas oficinas a que se refire o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo durante o prazo de quince días hábiles contados a partir da publicación da convocatoria no BOP e no DOG.
A solicitude irá acompañada dos seguintes documentos:
1. Certificado de nacemento ou fotocopia compulsada do DNI.
2. Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/1980 no seu punto 1.a), referente a se se atopa inculpado ou procesado.
3. Xustificante dos méritos que alegue o concursante.
Requisitos dos aspirantes: ser español, maior de idade e non estar incurso nas causas de incapacidade que establece o artigo 303 da Lei orgánica do poder xudicial.
Teo, 19 de maio de 1997.
Armando Blanco Martínez
Alcalde

