Examinado o expediente de concesión de medallas ó mérito, placas e diplomas de protección civil desta Comunidade Autónoma, correspondentes ó ano
1996, e de conformidade coa proposta formulada pola comisión avaliadora prevista no artigo 16 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, do 22 de abril de 1994,
DISPOÑO:
Primeiro.-Concederlle a José Blanco Rodríguez, a título póstumo, a medalla ó mérito de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, na categoría de ouro.
Segundo.-Concederlle a José Alberto Manuel Domínguez Bea, a título póstumo, a medalla ó mérito de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, na categoría de prata.
Terceiro.-Concederlle a Manuel Mourelle Brenlla a medalla ó mérito de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, na categoría de prata.
Cuarto.-Concederlle á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Boiro a placa de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.
Quinto.-Concederlle á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Miño a placa de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.
Sexto.-Concederlle á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Sarria a placa de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.
Sétimo.-Concederlle á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín a placa de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.
Oitavo.-Concederlle á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Laza a placa de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, dezaseis de xuño de mil novecentos noventa e sete.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
4813