Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 30 de xuño de 1997 Páx. 6.335

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 156/1997, do 18 de xuño, polo que se lle concede a Medalla de Ouro de Galicia á empresa Citroën Hispania, S.A.

En atención ós méritos que concorren en Citroën Hispania, S.A. é vontade do Goberno Galego outorgarlle a súa máis alta distinción.

Polo tanto, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de xuño de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Concédeselle a Medalla de Ouro de Galicia a Citroën Hispania, S.A.

Santiago de Compostela, dezaoito de xuño de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

4629