Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 30 de xuño de 1997 Páx. 6.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (165/1997).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 13 de xuño de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana na área do Campus Universitario S.U.-25, por instancia do Concello de Ourense.

O dito expediente atópase no Departamento de Xestión e Promoción Urbana, Planeamento, sito no terceiro andar da Casa do Concello na praza Maior nº 1, para que en conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, sometelo a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Ourense, 20 de xuño de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

4651