Por resolución da Dirección Xerencia da Fundación Rof Codina, con data do 23-6-1997 anúnciase concurso público, a través de expediente ordinario, para a contratación dunha praza de auxiliar administrativo da Fundación Rof Codina.
O prazo de recollida das bases e presentación das solicitudes rematará o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio.
Para consulta-las bases, solicitar información e presenta-la documentación, os interesados deberán dirixirse á Fundación Rof Codina, estrada da Granxa, s/n, 27002 Lugo, teléfono (982) 28 59 28.
Lugo, 25 de xuño de 1997.
José Manuel Piñeiro Somoza
Director xerente da Fundación Rof Codina

