Na sesión conxunta celebrada o día de hoxe polos cinco tribunais designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C) convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 26 de decembro de 1995 (DOG do 11
de xaneiro de 1996), acordouse, de conformidade co disposto na base II.2.2 da convocatoria:
1. Que o cuarto exercicio, consistente na resolución dun suposto práctico á elección do aspirante entre dous, que serán os resultantes do sorteo levado a efecto entre seis elixidos polo tribunal e relacionados con materiais correspondentes ó contido do programa, terá lugar o día 12 de xullo de 1997 ás 10 horas no Pazo de Congresos e Exposicións sito en San Lázaro, en Santiago de Compostela. A entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comenzará ás 9.30 horas.
Só poderán comparecer á súa realización os aspirantes que superasen o terceiro exercicio.
O tempo máximo para a realización do exercicio será de dúas horas e trinta minutos.
2. De acordo coa base II.3.3., os aspirantes serán convocados en único chamamento.
3. Así mesmo, deberán presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade (base II.2.3.) e, en calquera momento, poderán ser requiridos polos tribunais coa finalidade de acredita-la súa personalidade (base II.3.2).
4. Finalmente, os opositores tamén deberán comparecer provistos de lapis do nº 2 e goma de borrar e poderán servirse de textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1997.
Jaime Bouzada RomeroManuel Antonio Silva Romero
Presidente do tribunal nº 1Presidente do tribunal nº 2
José Antonio Fernández VázquezMª Teresa Rey Barreiro-Meiro
Presidente do tribunal nº 3Presidenta do tribunal nº 4
Emilio Álvarez Rey
Presidente do tribunal nº 5
5102

