Vista a solicitude realizada polo Concello do Rosal, na que insta a declaración de ben de interese cultural
coa categoría de lugar de interese etnográfico, a favor dos muíños do Folón/Picón, sitos en Santa Mariña, no concello do Rosal, provincia de Pontevedra.
Vistos os informes dos servicios técnicos desta dirección xeral, así como dos órganos consultivos da Consellería de Cultura e Comunicación Social en materia de bens culturais, sendo uns e outros favorables á incoación do expediente de declaración de ben de interese cultural.
Ó abeiro do disposto no capítulo I, título I, da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, esta dirección xeral,
RESOLVE:
Primeiro.-Incoar expediente para a declaración de ben de interese cultural, coa categoría de lugar de interese etnográfico, a favor dos muíños do Folón/Picón, sitos en Santa Mariña, concello do Rosal, provincia de Pontevedra.
Segundo.-Delimita-la zona afectada pola mentada incoación do xeito que se especifica literal e graficamente nos anexos I e II de presente resolución.
Terceiro.-Continua-la tramitación do expediente segundo as disposicións vixentes.
Cuarto.-Dar traslado da resolución ó alcalde do concello do Rosal, provincia de Pontevedra, e notificarlle que, segundo o disposto no artigo 10.3º da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, a incoación dun expediente para a declaración dun ben de interese cultural determinará, respecto do ben afectado, a aplicación inmediata e provisional de réxime de protección previsto na presente lei para os bens xa declarados. No caso de bens inmobles, ademais, será aplicable o estipulado no artigo 35.1º da presente lei.
Quinto.-Notificárlle-la presente resolución ós interesados, ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, e ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.
Sexto.-A presente resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, abríndose un período de información pública de l mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 1997.
Ángel Sicart Giménez
Director xeral de Patrimonio Cultural
ANEXO I
A definición do ámbito de protección integral do conxunto etnográfico dos muíños de Folón efectúase a través dunha liña delimitadora en forma de poligonal complexa, con vértices nos puntos sinalados como A, B, C, D, E, F, G, H, I, J, K, tal e como se especifica a continuación:
Vértice A: situado ós 41 graos, 57 minutos, e 58 segundos de latitude norte e 8 graos, 50 minutos
e 25 segundos de lonxitude oeste, sobre liña de cota + 310,00 e camiño forestal ó norte do conxunto etnográfico.
Vértice B: desde o vértice A, seguindo en dirección SO o camiño forestal descrito, entre liñas de cota +310,00 e +300,00 aproximadamente. Situado ós 41 graos, 57 minutos e 53 segundos de latitude norte e 8 graos, 50 minutos e 33 segundos de lonxitude oeste, sobre liña de cota + 306,50.
Vértice C: desde vértice B, sen cota +306,50, seguindo liña de máxima pendente en dirección SE, ata cota + 260,00.
Vértice D: desde vértice C, en cota +260,00, seguindo liña de máxima pendente en dirección SE, ata líña de cota +180,00.
Vértice E: desde vértice D, seguindo liña de cota +150,00, en dirección NO, ata atoparse co leito de regato. Situados ós 41 graos, 57 minutos e 37 segundos de latitude norte e ós 8 graos, 50 minutos e 38 segundos de lonxitude oeste.
Vértice F: desde vértice E, seguindo camiño veciñal cara ó barrio de San Martiño e lugar da Arrotea, en dirección SE ata liña de cota + 180,00. Situado ós 41 graos, 57 minutos, e 25 segundos de latitude norte e ós 8 graos, 50 minutos e 22 segundos de lonxitude oeste.
Vértice G: desde vértice F, seguindo liña de máxima pendente en dirección leste, ata camiño forestal de acceso ós muíños pola marxe esquerda do río Folón, sobre cota + 110,00.
Situado ós 41 graos, 57 minutos e 22 segundos de latitude norte e ós 8 graos, 50 minutos e 20 segundos de lonxitude oeste aproximadamente.
Vértice H: desde vértice G, seguindo en dirección sur o camiño forestal de acceso ós muíños, ata atoparse con camiño rodado que comunica o barrio de Martín co Picán e Cruces.
Vértice I: seguindo, desde vértice G en dirección leste, o camiño rodado desde Martín ó Picán e Cruces, ata a ponte que cruza o río Folón.
Vértice J: desde vértice I, seguindo en traxectoria ascendente o acceso ós muíños pola marxe dereita do río Folón, ata chegar a liña de cota +290,00.
Vértice K: desde vértice J, sobre liña de cota + 290,00 seguindo liña de máxima pendente en dirección NO, ata chegar ó camiño forestal, sobre liña de cota +330,00.
Situado aproximadamente a 41 graos, 57 minutos e 55 segundos de latitude norte e ós 8 graos, 50 minutos e 25 segundos de lonxitude oeste.
Peche da poligonal: desde o vértice K, seguindo camiño forestal en dirección NO chegamos ó vértice A, de inicio da poligonal, nos 41 graos, 57 minutos e 58 segundos de latitude norte e ós 8 graos 50 minutos e 25 segundos de lonxitude oeste.
5142

