Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificación na r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense, que solicita a autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.
Cumpridos os trámites sinalados no artigo 52 da citada Lei 40/1994, e os regulamentos ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 40/1994, entre os que cabe cita-lo de información pública, no que presentou alegacións o titular do predio nº 1, as que se refiren a cuestións meramente económicas, que serán tratadas no momento procedemental oportuno.
Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966.
Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, e no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas,
RESOLVO:
Primeiro.-Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:
-Liña aérea, a 20 kV, en conductor LA-56, de 1.806 m, sobre postes de formigón ou metálicos, derivada desde o apoio nº 38 da liña Sarreaus-Escornabois, con remate no C.T. aéreo proxectado en Vilaseca (Trasmiras), con 160 kVA de potencia aparente, r/t 20/0,380-0,220 kV e redes de baixa tensión de 370 m, en conductor R.Z. Liña aérea a 20 kV, en conductor LA-56, de 90 m, sobre postes de formigón ou metálicos, derivada desde o apoio nº 7 da liña ó C.T. de Vilaseca, e final no C.T. existente particular denominado discoteca.
Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.
Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres non conte o seu peticionario coa aprobación do seu proxecto de execución, logo do cumprimento dos trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966.
Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación.
Ourense, 3 de xuño de 1997.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
5068

