Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Martes, 15 de xullo de 1997 Páx. 6.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1997 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das obras de clave N/OU/89.3.3.1 e dúas máis.

a) Obra.

1. Alargamento e mellora da OUR-410, treito Cortegada-Pontebarxas fase II: variante sobre o río Deva p.k. 2,400/4,520.

Clave: N/OU/89.3.3.1.

Orzamento: seiscentos corenta millóns oitocentas vinteoito mil seiscentas noventa pesetas (640.828.690).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: 12.816.574.

2. Alargamento e mellora da estrada LU-132 Lourenzá-Vilafernando, treito: Trabada-Vilafernando.

Clave: N/LU/91.1.2.

Orzamento: seiscentos sesenta e seis millóns oitocentas setenta e seis mil catrocentas trinta e seis pesetas (666.876.436).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría e.

Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: 13.337.529.

3. Alargamento e mellora da estrada C-630, treito: Baleira-Lastra p.k. 0+000/8+562,319.

Clave: N/LU/87.2.1.1.

Orzamento: cincocentos dezaoito millóns novocentas corenta e dúas mil catrocentas seis pesetas (518.942.406).

Prazo de execución: 30 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: 10.378.848.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada na alínea a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do 27 de agosto de 1997.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda