Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Martes, 15 de xullo de 1997 Páx. 6.993

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1997 pola que se anuncia o concurso público para o deseño e a realización dunha campaña de extensión do uso do galego entre a comunidade educativa.

De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o contrato de servicios arriba indicado (e que, xunto coa restante documentación de interese para os licitadores, pode ser adquirido no servicio de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 54 44 00), faise público:

1. Obxecto: deseño e realización dunha campaña de extensión do uso do galego dirixida ós diferentes sectores que constitúen as comunidades educativas de tódolos centros escolares de Galicia. A campaña desenvolverase durante o primeiro trimestre do curso escolar 1997-1998.

2. Orzamento: 25.000.000 de ptas., IVE incluído.

3. Presentación de proposicións: as ofertas serán presentadas en sobres cerrados e asinados polo licitador, ou a persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no edificio administrativo de San Caetano, ata as 14 horas do día 11 de agosto de 1997.

4. Apertura de proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, ás 11 horas do día 14 de agosto de 1997.

5. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1997.

Manuel Regueiro Tenreiro

Director xeral de Política Lingüística