Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Mércores, 16 de xullo de 1997 Páx. 7.009

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se fai pública a relación de beneficiarios seleccionados para a concesión das axudas para o establecemento de convenios de colaboración con institucións públicas e privadas sen fins de lucro para a realización de programas de investigación convocadas por Orde do 31 de xaneiro de 1997 (DOG do 12 de febreiro).

Pola Orde do 31 de xaneiro de 1997 (DOG do 12 de febreiro), convócanse e aprobánse as bases que rexerán a convocatoria de axudas para o establecemento de convenios de colaboración con institucións públicas e privadas sen fins de lucro para a realización de programas de investigación.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Política Científica creada polo Decreto 160/1991, do 16 de maio (DOG do 28 de maio) e orde da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria do 30 de xaneiro de 1997 (DOG do 130 de febreiro), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a relación de beneficiarios seleccionados para a concesión das ditas axudas co fin de realiza-la actividade que se indica en cada caso:

-Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos (Anfaco) Programa: bolsa para colaborar no proxecto de investigación de cuantificación do nivel contaminante das industrias conserveiras de productos da pesca na provincia da Coruña. Contía da axuda: 775.000 ptas.

-Fundación Caixa Galicia-Claudio San Martín. Programa: bolsas para a formación de investigadores en Francia. Contía da axuda: 8.000.000 de ptas.

-Asociación para o fomento da investigación cerámica en Galicia (Aficega). Programa: bolsas para colaborar nos proxectos de investigación en temas de cerámica avanzada. Contía da axuda: 1.500.000 ptas.

-Delegación en Galicia co Consello Superior de Investigación Científica (CSIC). Programa: bolsas de posdoutoramento. Contía da axuda: 9.000.000 de ptas.

-Universidade de Santiago de Compostela. Programa: bolsas de posdoutoramento. Contía da axuda: 11.000.000 de ptas.

-Universidade de Santiago de Compostela. Programa: axuda aberta. Contía da axuda: 725.000 ptas.

-Universidade da Coruña. Programa: bolsas de posdoutoramento. Contía da axuda: 9.000.000 de ptas.

-Universidade da Coruña. Programa: axudas complementarias para proxectos de investigación financiados parcialmente en convocatorias internacionais, comunitarias e nacionais. Contía da axuda: 3.000.000 de ptas.

-Universidade de Vigo: Programa: axudas complementarias para proxectos de investigación financiados parcialmente en convocatorias internacionais, comunitarias e nacionais. Contía da axuda: 7.000.000 de ptas.

Segundo.-De acordo co disposto no artigo 5 da orde de convocatoria, a concesión das axudas será efectiva a partir da sinatura dun convenio específico que se subscribirá entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e cada unha das institucións beneficiarias.

Terceiro.-Unha vez rematado o curso 1997/1998 e no prazo máximo de dous meses, as institucións beneficiarias deberán remitirlle á Dirección Xeral de Universidades e Investigación unha memoria na que se detalle o investimento das axudas concedidas.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de

convocatoria do 31 de xaneiro de 1997, suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Quinto.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1997.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

5589