Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Mércores, 16 de xullo de 1997 Páx. 7.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, con data do 25 de abril de 1997, a modificación puntual da norma, no ámbito de Cantalarrana, promovida polo propio Concello e que ten como finalidade a reclasificación dunha parcela de 2.000 m actualmente clasificada como non urbanizable para convertela en URFE, sométese a información pública, por un período dun mes, para efectos de reclamacións, contado desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, de conformidade co estipulado polo artigo 42 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Cangas, 12 de xuño de 1997.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde

5586