Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Casar.
Situación: Monforte de Lemos.
Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 25 m sobre apoios de formigón. Liña de media tensión subterránea peche de circuítos en C.T. Camiño de Guntín, en conductor R.H.V.-12/20-3x150 mm Al. Centro de transformación de 100 kVa 20.000/380-220 V. Sobre apoio de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico na zona de Casar, concello de Monforte de Lemos.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,
RESOLVE:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 30 de maio de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
5333

