Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: R.B.T. Barreiro, Tabernas e Eirexe.
Situación: Taboada.
Características técnicas: rede de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x95 Al e R.Z.-0,6/1 kV-3x50 Al, cunha lonxitude de 526 m, sobre apoios
de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Barreiro, Tabernas e Eirexe, concello de Taboada.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,
RESOLVE:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 3 de xuño de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
5334

