Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Venres, 18 de xullo de 1997 Páx. 7.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 14 de marzo de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«O Concello Pleno acordou, por unanimidade dos presentes, aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense, na zona 3 do SU-28, en exercicio da competencia delegada pola Xunta de Galicia, conforme o artigo 2 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo».

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ourense, 1 de xullo de 1997.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde