Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 06 de agosto de 1997 Páx. 7.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 10 de xullo de 1997, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se notifican aumentos de base impoñible dictados polo Servicio de Xestión Tributaria, referentes ó concepto tributario e contribuíntes que se citan (Veloso Ojea, José e dez máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ós contribuíntes co último domicilio coñecido que se sinala os aumentos de base impoñible que resultan da comprobación de valores efectuada polo Servicio de Xestión Tributaria e que supoñen a aplicación do artigo 14.7º do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

A diferencia de valor respecto do declarado resulta de utiliza-los medios de comprobación previstos no artigo 52 da Lei xeral tributaria, sendo de aplicación, o artigo 14.7º do citado texto refundido da Lei do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Contra a presente notificación poderán interpoñe-los seguintes recursos, sen que se poidan simultanear: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia (Secretaría Delegada de Ourense, r/ Santo Domingo, nº 27), ou recurso de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, r/ do Progreso, nº 38 entreplanta, Ourense, unha e outro no prazo de quince días contados desde o seguinte á data da publicación desta cédula. Así mesmo, e no mesmo prazo, de non estaren conformes coa valoración practicada, poderán solicita-la práctica de taxación pericial contradictoria. Se se interpón reclamación económico-administrativa, deberá xustificalo ante esta oficina.

Ourense, 10 de xullo de 1997.

Norberto Francisco Bayón

Delegado territorial de Ourense

Nº Expte. ContribuínteNIFEnderezoLocalidade Contía

T-4595/96Veloso Ojea, José34668786Emilia Pardo Bazán, 19Ourense8461840
T-547/95Ortiz Núñez, José Ángel33203122Plz. Sto. Ángel, 2Ourense9077800
T-2506/91Gallego Jacome, Eladio34589650Zurbarán, 6Ourense8925375
T-1077/94Quiroga Moures, Gloria34417296Habana, 16, 3º AOurense37640000
T-2442/89Colomo Casado, Emerenciano34388625Paseo 19, 8º AOurense23599283
T-5651/92Diaz López, Luis Ramiro33795275Florentino L. Cuevillas, 7Ourense16004590
T-3151/91Fdez. Lorenzo, Mª Teresa14476406Cádiz, 10Santander7536678
T-7562/92Gómez Vázquez, Antonio34376406Arrabaldo, 15Paderne Allariz19809504
T-2587/91UrgasaA15020704Stgo. Guayaquil, 5Santiago de Compostela4164881
T-7962/94Pérez Sandianes, Consuelo34931965A Valenzá, nº 1Barbadás5345514
T-7962/94Pérez Blanco, María12358120A ValenzáBArbadás5345514

5803