Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Mércores, 06 de agosto de 1997 Páx. 7.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e polo trámite de urxencia, para a contratación de consultoría e asistencia para a relocalización de 103 bateas dos polígonos A e B de Muros.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura.

c) Nº de expediente: 97/12/1278.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación de consultoría e asistencia para a relocalización de 103 bateas dos polígonos A e B de Muros.

b) Lugar de execución: polígonos de viveiros A e B de Muros.

c) Prazo de execución: dous meses, desde a orde de comezo da execución do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: trámite de urxencia.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 10.300.000 pesetas.

5. Garantía provisional.

2% do orzamento máximo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: Edf. administrativo de San Caetano 5-2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: (981) 54 40 44.

e) Telefax: (981) 54 50 25.

f) Data límite para a obtención de documentos e información: aquela na que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, edificio administrativo San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15703.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: Edf. administrativo de San Caetano, 5-2º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó do peche do prazo de presentación de proposicións. No caso, de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos de anuncios.

Correrán a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1997.

Amancio Landín Jaráiz

Director xeral de Marisqueo e Acuicultura

6122