Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 07 de agosto de 1997 Páx. 7.678

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1997 pola que se anuncia a celebración dun seminario sobre o uso da lingua na Administración pública.

A Escola Galega de Administración Pública organiza, en colaboración co Instituto Vasco de Administración Pública e a Escola Catalana de Administración Pública, un seminario sobre o uso da lingua nas administracións públicas que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Os principais obxectivos de este seminario son os seguintes:

-Coñecer diversas experiencias europeas -algunhas delas con linguas minorizadas e minoritarias- e posibles solucións no campo do uso da lingua na administración.

-Reflexionar acerca da situación do uso da lingua nas administracións públicas das comunidades autónomas de Cataluña, Galicia e País Vasco.

-Mellora-los coñecementos e habilidades dinamizadoras dos responsables da normalización lingüística nas administracións públicas.

Segunda.-Destinatarios.

-Responsables dos servicios de normalización lingüística das administracións públicas.

-Profesores de lingua para o persoal das administracións públicas.

-Persoal ó servicio das administracións públicas.

Terceira.-Datas e horarios.

O seminario terá lugar os días 29 e 30 de setembro, en sesións de mañá e tarde.

Cuarta.-Lugar e prazas.

Terá lugar na sede da EGAP en Santiago de Compostela. As prazas adaptaranse á capacidade do local correspondente.

Quinta.-Contido provisional.

-O uso da lingua nas administracións públicas catalana, galega e vasca.

-O uso da lingua nas administracións públicas de Finlandia, Suíza, Canadá, Holanda e Bélxica.

Sexta.-Inscrición.

-Lugar de presentación de solicitudes: Rexistro Xeral da EGAP. Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela. As solicitudes poderanse enviar ó fax ó número (981) 54 63 37.

-Forma: segundo o modelo oficial que figura ó final desta convocatoria.

-Prazo: remata o 22 de setembro. Unha vez rematado o prazo e no caso de existiren prazas vacantes, admitiranse as peticións que cumpran os requisitos xerais da convocatoria.

Sétima.-Publicación e notificación da selección.

A partir do 25 de setembro os solicitantes poderán obte-la confirmación da súa selección chamando por teléfono en días laborales de 12 a 14.30 h ó número (981) 54 62 49 ou ben consultando a lista de seleccionados que se exporá no taboleiro de anuncios da EGAP.

Oitava.-Modificacións.

A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos do seminario para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

6088