Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 07 de agosto de 1997 Páx. 7.682

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 28 de xullo de 1997 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde.

Convocada, pola Orde do 18 de xuño de 1997 (DOG nº 128, do 4 de xullo de 1997), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 18 de xuño de 1997 (DOG nº 128, do 4 de xullo de 1997).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo á presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1997.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Apelidos e nome: Ayape Amigot, Francisco Javier.

DNI: 77780954.

Grupo: A.

Nivel CD: 28.

Corpo ou clase: estatutario fixo do Sergas.

Posto de traballo: Servicio de Estudios e Formación Continuada en Atención Primaria.

Dependencia: Dirección Xeral de Atención Primaria do Sergas.

Localidade: Santiago de Compostela.

5875