Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 07 de agosto de 1997 Páx. 7.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52657-1).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., rúa Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña, para autorización administrativa e aprobación do proxecto da instalación que se cita:

-Proxecto de ampliación da subestación a 66 kV, de Porto do Son, consistente en:

-Novo módulo de liña 66 kV Barbanza, que contén a seguinte aparamenta: interruptor tripolar en SF6,

seccionadores tripolares, trafos de intensidade e de tensión.

-Aparatos de mando, control, sinal e medida.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, de 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das referidas instalacións, e as características axustaranse en tódalas súas partes as que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporación que constan nos expedientes.

A Coruña, 8 de xullo de 1997.

Manuel Estévez Mengotti

Delgado provincial da Coruña en funcións

6006