Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 07 de agosto de 1997 Páx. 7.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1997, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto, 3DP/97 para a contratación do servicio de vixilancia e seguridade do edificio e instalacións da dirección provincial, situada na rúa Durán Loriga, número 3 (tramitación urxente segundo o artigo 72 da LCAP).

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de A Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas, conforme o establecido na Orde do 22-5-1996 do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público, polo procedemento aberto para contratación dun servicio de vixilancia e seguridade do edificio e instalacións da Dirección Provincial, situadas na r/ Durán Loriga nº 3.

Servicio: contratación do servicio de vixilancia e seguridade do edificio e instalacións da dirección provincial.

Orzamento: 1.091.308 ptas., IVE engadido.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

I. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

II. Prazo de execución: no prazo establecido no prego de cláusulas administrativas particulares e na folla de espedificacións.

III. Admisión de variantes: non se admiten.

IV. Solvencia económica e financiera: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995 de CAP e no prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 19 da Lei 13/1995 de CAP e no prego de cláusulas administrativas particulares.

VI. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

VII. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifiesto e a disposición dos concursantes para o seu exame, na Dirección Provincial do Sergas de A Coruña, r/ Durán Loriga, 3-4ª andar, tódolos días laborables, excepto os sábados, desde as 9 horas ata as 14 horas.

VIII. Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Dirección Provincial do Sergas da Coruña, antes das 14 horas do décimo terceiro día hábil, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviaranse por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío

na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 18 56 78 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co establecido no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

IX. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Provincial do Sergas de A Coruña, r/ Durán Loriga, nº 3, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

X. Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XI. Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios do contrato ou contratos.

A Coruña, 16 de xullo de 1997.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña

6140