Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 11 de agosto de 1997 Páx. 7.776

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 23 de xullo de 1997 pola que se regulamenta o proceso de integración no réxime estatutario de determinado persoal do Hospital Médico-Cirúrxico Provincial e Sanatorio Psiquiátrico de Conxo.

Con base nos principios establecidos na Lei seral de sanidade, que configuran a existencia dunha sanidade integral, e así mesmo na Lei 1/1989, de creación do Servicio Galego de Saúde, organismo que abrangue a xestión da totalidade dos centros e servicios hospitalarios existentes na Comunidade autónoma de Galicia, fóronse producindo as trasferencias dos centros das corporacións locais á Comunidade Autónoma de Galicia coa súa adscrición ó citado organismo.

O persoal dos centros transferidos caracterízase por unha vinculación xurídica, de carácter funcionarial ou laboral, diferente da que conforma o persoal do Servicio Galego de Saúde, que é de carácter estatutario. Por tal motivo estase a produci-la convivencia desas tres clases distintas, que, dada a súa diferente regulamentación, traen como resultado un conxunto de situacións xurídicas diversas, cos conseguintes problemas de xestión e organización do traballo.

As diferencias existentes entre os colectivos fai necesaria a súa homologación e integración funcional na rede sanitaria na procura da concordia imprescindible que garanta unha convivencia pacífica e

ordenada entre o persoal dos centros, debidamente cohonestada coa organización do traballo.

A tal fin, logo de negociación coas organizacións sindicais lexitimadas, publícase o Decreto 447/1996, do 26 de decembro (DOG nº 148, do 7 de xaneiro de 1997), no que se establecen as bases para a homologación e integración funcional do persoal transferido á Xunta de Galicia dos centros sanitarios das corporacións locais, de persoal pertencente ó Servicio Galego de Saúde con vínculo xurídico funcionarial dos corpos e escalas da Administración especial sanitaria e corpos xerais e doutro persoal con vínculo laboral fixo.

Na disposición derradeira do citado decreto facúltase a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais para adopta-las medidas necesarias para o seu desenvolvemento e execución, e dicta-las disposicións que formalicen os procesos de homologacións que afecten ós distintos colectivos de persoal, coa secuencia temporal que considere conveniente.

Así as cousas, polo Decreto 373/1992, do 17 de decembro, transfirese á Comunidade Autónoma de Galicia o persoal funcionario e laboral das institucións sanitarias Hospital Médico-Cirúrxico Provincial e Sanatorio Psiquiátrico de Conxo, dependentes da Deputación Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela.

Así mesmo, unha vez sentado o marco normativo de homologación e integración funcional, pareceu oportuno principia-los contactos cos representantes sindicais lexitimados dos citados hospitais, tendo en conta que estos foron os primeiros centros transferidos á rede asitencial do Sergas.

Ultimado xa o proceso de dialogo aludido cun estimable grao de consenso, cabe xa vehicula-la convocatoria que habilite eses procesos de homologación e integración funcional.

A presente orde, pois, dentro do marco normativo exposto, posibilita, con opción voluntaria, a integración do persoal do Hospital Médico-Cirúrxico Provincial e Sanatorio Psiquiátrico de Conxo, tanto funcionarial como laboral, nos réximes estatutarios, sen afectación nin menoscabo dos dereitos normativamente recoñecidos.

Na súa virtude, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º

O persoal laboral fixo e/ou funcionario de carreira do Hospital Médico-Cirúxico Provincial e o laboral fixo do Sanatorio Psiquiátrico de Conxo poderá homologarse ó réxime estatutario e integrarse no correspondente estatuto de persoal da Seguridade Social, nos termos e condicións que se establezan na presente norma, sempre que reúnan os requisitos

de titulación esixidos pola lexislación vixente e que á súa entrada en vigor se encontren nalgúns dos supostos seguintes:

A. En situación de activo.

B. En situación que implique a suspensión na relación de servicios laboral ou funcionarial, con reserva de posto de traballo, por algunha das causas establecidas na lexislación vixente, así como en situación de servicios especiais, no caso de persoal funcionario.

C. En situación de excedencia voluntaria, sempre que non transcorrese o tempo máximo desa excedencia prevista legalmente para cada caso. Neste suposto a integración efectuarase na situación de excedencia voluntaria e a posterior situación de activo obterase de conformidade co previsto no Real decreto 118/1991, do 25 de xaneiro. A opción de integración poderá formularse no momento de solicita-lo reingreso ou no prazo previsto para o exercicio da opción que se estableza nesta norma.

Artigo 2º

Non poderá exerce-lo dereito de opción o persoal con vínculo temporal, de carácter funcionarial ou laboral, calquera que sexan as características de tal vínculo, que están prestando servicios no Hospital Médico-Cirúrxico Provincial e Sanatorio Psiquiátrico de Conxo.

Artigo 3º

O persoal que exerza o dereito de opción da forma establecida no artigo 8 da presente norma homologarase nas categorías básicas do réxime estatutario que corresponda, coa súa integración no estatuto de persoal aplicable segundo as características da praza orixinaria e a estatutaria de referencia.

A tal efecto, establécese unha táboa de homologacións, como anexo I, na que se relacionan as categorías orixinarias funcionariais e laborais e as correlativas estatutarias.

Non obstante, expedirase, no momento en que se resolva a solicitude de homologación e integración, un nomeamento adicional ó persoal que desempeñe postos de traballo de xefatura adquirida en virtude dun concurso ou libre designación, no posto equivalente de carácter estatutario. Este nomeamento poderá ser definitivo, se o orixinario tiña tal condición ó ser obtido por concurso ou concurso-oposición, ou ben provisional, se aquel foi expedido en virtude do sistema de libre designación.

Ó persoal que resulte homologado nos réximes estatutarios da Seguridade Social respectaráselle, para tódolos efectos, a antigüidade que ostente á entrada en vigor da presente resolución, se ben os trienios que se lle recoñezan con posterioridade á data en que teña efectividade a integración serano de acordo co previsto na disposición 2ª.2 do Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, e normativa de desenvolvemento aplicable.

Artigo 4º

O persoal que resulte homologado ó réxime estatutario integrarase no estatuto que resulte de aplicación, segundo o grupo e categoría a que pertenza, dentro dos tres existentes para o persoal estatutario:

Estatuto xurídico de persoal médico, estatuto de persoal sanitario non facultativo e estatuto de persoal non sanitario.

O réxime económico e xurídico do persoal que resulte integrado será o correspondente ó estatuto do persoal que en cada caso sexa de aplicación e a súa prestación de servicios adecuarase á estructura asistencial das institucións sanitarias do Sergas.

Artigo 5º

Ó persoal que, tendo efectuada a opción de integración percibira retribucións superiores ás correspondentes á categoría de homologación no Sergas, reconoceráselle un complemento persoal e transitorio consistente na diferencia de retribucións. O citado complemento será absorbido por calquera mellora retributiva que se produza neste exercicio ou posteriores, incluídas as derivadas de cambio de posto de traballo ou categoría, de acordo coa normativa orzamentaria.

De conformidade co establecido no artigo 14.1º g) da Lei 11/1996, do 31 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997 e na disposición transitoria primeira do Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, para o cálculo do complemento persoal transitorio non se terán en conta as cantidades percibidas en concepto de atención continuada, plus de nocturnidade, plus de perigosidade, penosidade ou toxicidade e realización de horas extraordinarias, así como calquera outro equiparable, nin as cantidades que, en concepto de antigüidade, teñan recoñecidas ata a data en que remate o prazo de presentación de intancias do artigo 8º.

Artigo 6º

Ó persoal que non se integre nos estatutos do persoal da seguridade social respectaráselle o réxime económico e xurídico que se derive da súa situación de orixe, tanto funcionarial como laboral, coa dependencia orgánica e funcional do Sergas, de acordo co establecido no artigo 9 do Decreto 447/1996, do 26 de decembro.

Respecto das lagoas que se produzan na regulamentación dos colectivos, funcionarial e laboral, aplicarase por analoxía o estatuto de persoal da Seguridade Social relativo ó grupo e categoría de persoal equiparable.

A prestación de servicios deste persoal non integrado adaptarase ás características de funcionamento da institución sanitaria do Sergas, onde está adscrito, coa súa plena imbricación na estructura e organización do traballo. A tal fin, a dirección do centro adoptará as medidas de xestión e organización ade

cuadas para acada-la plena adaptación e integración deste persoal nel.

Artigo 7º

O persoal funcionario que se integre nos réximes estatutarios da Seguridade Social será declarado, de conformidade co establecido no artigo 5 a) da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na situación de excedencia voluntaria por incompatibilidade no seu corpo ou escala de orixe.

Igualmente, o persoal laboral que se integre nos mesmos réximes será declarado na situación de excedencia voluntaria por incompatibilidade na súa categoría.

Artigo 8º

Sen prexuízo do establecido no inciso final do artigo 1º, o exercicio da opción de integración deberá realizarse con carácter individual, no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte ó da entrada en vigor desta disposición, segundo modelo de instancia que se xunta como anexo II.

Os profesionais que non formulen opción expresa de integración entenderase que optan pola situación prevista no artigo 6º.

As solicitudes, debidamente dilixenciadas pola dirección do centro, dirixiranse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, á Dirección Provincial do Sergas na Coruña ou nos rexistros do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, sen menoscabo do establecido no artigo 38 da Lei 30 /1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O persoal que realice a opción aportará, xunto coa súa solicitude, os seguintes documentos:

A. Fotocopia compulsada da titulación académica ou, se é o caso, do libro de escolaridade.

B. O persoal médico aportará, así mesmo, fotocopia compulsada do título de especialista que posúa e que o habilite para exerce-la praza que vén desempeñando.

Artigo 9º

As opcións serán resoltas pola Dirección Xeral de Recursos Humanos no prazo máximo de dous meses desde que remate a presentación de instancias para formula-la opción de integración. O anteriormente exposto enténdese sen prexuízo do disposto no inciso final do artigo 1º desta orde.

Disposicións adicionais

Primeira.-De acordo co establecido na disposición transitoria segunda da Orde do 26 de decembro de 1986 (BOE do 12 de xaneiro de 1987) e segundo o disposto na disposición adicional 2ª do Decreto 447/1996, do 26 de decembro, o persoal que se homologue á categoría de auxiliar de enfermería non lle será esixido o título de formación profesional

de primeiro grao rama sanitaria, sempre que á súa entrada en vigor, se encontrase prestando servicios en praza desa categoría, que resulten debidamente acreditados.

A tal fin, o centro hospitalario expedirá certificación dos servicios prestados.

Segunda.-Os postos de traballo de orixe do persoal que opte pola súa integración nos réximes estatutarios, consideraranse amortizados e reconvertidos ós correspondentes estatutarios, que determina para cada caso a táboa de homologacións que se inclúen no anexo I desta resolución.

As vacantes que se produzan de persoal laboral ou funcionario que non se integren nos réximes estatutarios da Seguridade Social e que non estean afectados polas situacións previstas no artigo 1 B desta disposición declararanse necesariamente a extinguir logo da súa amortización e, se é o caso, substitución por prazas de persoal estatutario do Sergas.

Os postos de traballo vacantes ocupados polo persoal temporal do artigo 2 desta norma consideraranse amortizados e reconvertidos en prazas de persoal estatutario, polo que o persoal que os ocupa cesará no seu desempeño.

Emporiso, con efectos do día seguinte o do cesamento, expediráselle-lo nomeamento que corresponda para ocupar a equivalente praza de persoal estatutario, co mesmo carácter temporal.

Terceira.-Con respecto ó complemento PRD por quendas, establecido para a remuneración das prestacións de servicios en réxime de quendas en aplicación do Acordo de data 25/1/96 sobre determinados aspectos retributivos e outras condicións de traballo de persoal estatutario sanitario non facultativo e non sanitario das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, publicada pola resolución conxunta da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, dado que este concepto retributivo é de aplicación con carácter fixo e periódico ás categorías de persoal ás que fai referencia o devandito acordo, se ben con variación do seu importe en función do réxime de quendas concorrentes, incluirase entre as retribucións correspondentes á categoría de homologación para efectos da determinación de complemento de persoal e transitorio á que fai referencia o artigo 5º da presente disposición.

A consideración deste complemento no cálculo do complemento persoal e transitorio practicarase sobre a asignación da contía correspondente á modalidade de quendas que corresponda ó posto de traballo de homologación, de conformidade co previsto no apartado segundo do acordo ó que se fixo referencia no parágrafo anterior.

No suposto de producirse con posterioridade á homologación unha alteración no réxime de prestación de servicios do posto de traballo que deter

mine a variación estable do réxime de quendas tomado en consideración para o cálculo do complemento persoal e transitorio, procederase á revisión do devandito CPT para reflictir nel a nova modalidade do complemento PRD por quendas que pase a resultarlle de aplicación.

A revisión do complemento persoal e transitorio á que se fixo referencia procederá unicamente mentres o traballador que optou pola integración se manteña no posto de traballo que pasa a desempeñar como consecuencia deste proceso. No suposto de pasar a desempeñar outro posto de traballo distinto non se revisará o complemento persoal e tansitorio aínda que varíe o réxime de quendas que resulte de aplicación.

Disposicións transitorias

Primeira.-O persoal facultativo que se integre no réxime estatutario exercerá, no momento que a formalicen, a opción polo réxime de dedicación normal ou de dedicación exclusiva ó sector público sanitario, coa conseguinte renuncia ou solicitude de percepción do complemento específico, segundo o previsto no Decreto 11/1995, do 20 de xaneiro, polo que se regula o réxime de percepción do complemento específico para o persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde e se establecen os prazos para formular solicitude e renuncias.

A citada opción resolverase, conxuntamente coa solicitude de homologación, no prazo establecido nesta norma.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1997.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

Vínculo

Posto de traballo

H. Médico-Cirúrxico Provincial

Categoría básica de homologación

FXefe de servicioFacultativo especialista área
FMédico adxuntoFacultativo especialista área
FMédico especialistaFacultativo especialista área
FMatronaMatrona
FATSATS/DUE
FCapelánCapelán
FAdministrativoGrupo administrat.

F. administrativa

FAuxiliar administrativoAuxiliar administrat. F.administrat.
FAxud. sanitario en funcións celadorCelador
FAxud. sanitario en funciöns auxiliar enf.Auxiliar de enfermería
FAxud. sanitario sub-capatazCelador
FCociñeiroCociñeiro
LXefe de persoalGrupo técnico función administrativa
LAnalista-programadorGrupo técnico función administrativa
LTécnico admon. xeralGrupo técnico función administrativa
LAsistente socialAsistente social
LEncargado de mantementoGrupo xestión
LXefe de mantementoEnxeñeiro técnico

Vínculo

Posto de traballo

H. Médico-Cirúrxico Provincial

Categoría básica de homologación

LAdministrativoGrupo administrat.

F. administrativa

LMestre cociñeiroCociñeiro
LProgramadorGrupo administrat.

F. administrativa

LAlmaceneiroGrupo administrat.

F. administrativa

LTécnico de hosteleríaGrupo administrat.

F. administrativa

LAuxiliar administrativoAux. administrativo

F. administrativa

LAlbanelAlbanel
LAxud. sanitario funcións celadorCelador
LAxud. sanitario funcións auxiliar enf.Auxiliar de enfermería
LCeladorCelador
LOrdenanzaCelador
LPorteiro ordenanzaCelador
LPinche cociñaPinche
LAxudante de cociñaPinche
LOficios variosPeón
LCefe de servicioFacultativo especialista

de área

LMédico especialistaFacultativo especialista

de área

LMédico de garda con título

e funcións de especialista

Facultativo especialista

de área

LMédico de gardaFacultativo xerarq. med. xeral
LSupervisora xeralATS/DUE
LSupervisor plantaATS/DUE
LATSATS/DUE
LMatronaMatrona
LFisioterapeutaFisioterapeuta
LTécnico anatomíaTécnico especialista
LTécnico radioloxíaTécnico especialista
LTécnico de laboratorioTécnico especialista
LAuxiliar de clínicaAuxiliar enfermería
LXefe de serviciofFcultativo especialista

de área

LXefe clínicoFacultativo especialista

de área

LMédico psiquiatraFacultativo especialista

de área

LOdontólogoFacultativo especialista

de área

LMédico interno con título

e funcións de especialista

en psiquiatría

Facultativo especialista

de área

LMédico internoFacult. xerarq. med. xeral
LMédico xeralFacult. xerarq. med. xeral
LFarmacéuticoFacultativo especialista

de área

LSupervisora xefe

de enfermería

ATS/DUE
LSupervisora xeral enfermeríaATS/DUE
LATSATS/DUE
LDiplomado enfermeríaATS/DUE
LEncargado unidadeAux. enfermería
LAuxiliar psiquiátricoAux. enfermería en funcións

de saúde mental

LEnxeñeiro técnicoEnxeñeiro técnico
LAsistente socialAsistente social
LXefe de secciónGrupo de xestión
LXefe de negociadoGrupo administrat.

F. administrativa

LOficial administrativoGrupo administrat.

F. administrativa

LEncargado xefe de cociñaCociñeiro
LEncargado de almacénGrupo administrat.

F. administrativa

LEncargado conservación tallerEncargado de equipo persoal de oficio
LMonitor laborterapiaMonitor
LAuxiliar administrativoAux. administrativo

F. administrativa

LPorteiroCelador
LGarda porteiroCelador
LCociñeiroCociñeiro
LCamareiro de barCelador
LTelefonistaTelefonista
LCostureiraCostureira
LElectricistaElectricista
LFontaneiroFontaneiro
LAlbanelAlbanel
LCarpinteiroCarpinteiro
LPintorPintor
LPerruqueiroPerruqueiro
LPeón cristaleiro-pintorPintor
LCoidadorAux. enfermería
LAxudante de limpezaLimpadora
LAuxiliar de cociñaPinche
LAxudante almacénCelador
LEncargado lavanderíaGrupo administrat.

F. administrativa

LAxudante lavanderíaLavandeira

6015