Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 11 de agosto de 1997 Páx. 7.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 7 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución formulada nos expedientes sancionadores de epizootias LU-425/1996, LU-1/1997 e LU-30/1997, devoltas polo servicio de correos por encontrarse ausentes nas horas de reparto os seus destinatarios.

De conformidade co disposto no artigo 50.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido, que con esta data se for

mula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe, por infracción á Lei de epizootias de 1952 e ó seu Regulamento de 1955 (modificado polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta cédula, para examina-lo expediente nesta delegación provincial, formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que coide pertinentes perante o instructor do procedemento.

Lugo, 7 de xullo de 1997.

Mauricio Alonso Troncoso

Instructor

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPreceptoSanción

proposta

InfrinxidoSancionador

LU-426/1996Alfredo Moreno Cortina

DNI: 05397576

Lamas de Prado, 160

Lugo

Transporta-lo día 13 de novembro de 1996 no vehículo matrícula AB-9315-F catro animais equinos procedentes da súa explotación ata o mercado do Corgo e carecer do carné de tratante.Artigo 65, 195 e 196 do regulamento da Lei de epizootias.Artigo 213 do regulamento da Lei de epizootias.50.000
LU-1/1997José Vicente López Sánchez

DNI: 14393484

r/ Cerca, 26-1º esq.

A Coruña

Transporta-lo día 12 de xaneiro de 1997 no remolque matrícula C-9993-AZ oito animais porcinos desde Cruces-A Coruña ata a feira de Parga-Guitiriz e carecer do documento acreditativo de te-lo remolque rexistrado na Delegación Provincial de Agricultura para transportar animais.Artigo 52 do regulamento de Lei de epizootias.Artigo 215 do regulamento da Lei de epizootias.10.000

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPreceptoSanción

proposta

InfrinxidoSancionador

LU-30/1997Constantino Rey Gómez

DNI: 33555456

Casagrande-Mañón, A Coruña

Transporta-lo día 2 de febreiro de 1997 no vehículo matrícula C-7589-W dúas cabezas de gando ovino e carecer de documento acreditativo de te-lo vehículo rexistrado na Delegación Provincial de Agricultura para transportar animais.Artigo 52 do regulamento da Lei dee epizootias.Artigo 215 do regulamento da Lei de epizootias.10.000

5818